Miskito Mískitu | ||
---|---|---|
Falado en: | Nicaragua, Honduras | |
Rexións: | Rexión Autónoma do Atlántico Norte | |
Total de falantes: | 150 000 (2005)[1] | |
Familia: | Americana Misumalpa Miskito | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | miq
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua miskito (Mískitu) é unha lingua misumalpa falada polo pobo miskito no nordeste de Nicaragua, especialmente na Rexión Autónoma do Atlántico Norte, e no leste de Honduras. Con 150 000 falantes, o miskito é a lingua máis falada da familia de linguas de Nicaragua e Honduras. O nome da familia, misumalpa, está formado a partir dos nomes dos seus subgrupos: miskito, sumo e matagalpa.
Ademais de moitas palabras prestadas doutras linguas misumalpas, o miskito ten un gran número de préstamos léxicos do inglés crioulo. Malia que o castelán é a lingua oficial de Nicaragua e Honduras, a súa influencia no miskito é moi recente e polo tanto máis superficial.